POBRA> ‘Vou Films’ estrea nova curta e para a súa presentación volveron a elixir o Concello da Pobra. Chámase ‘As Costureiras’ e está dirixida por Lois Basallo. Rodada integramente no municipio pobrense, trátase da terceira obra do director.
Ca temática da posguerra como fío condutor, a curta trata sobre o oficio das costureiras nesta época. Como explicou o director, ademais de ser un traballo só de mulleres tampouco estaba ben visto pola sociedade.
O equipo de ‘Vou Films’ quixo contar con testemuñas da posguerra para tratar de chegar ós espectadores. O alcalde da Pobra quixo destacar o bo traballo da produtora.
Despois do estrea, os alí presentes poderán gozar dunha charla cos actores da curta. Tamén se achegará ata o cine Elma a escritora Mari Vega.
Dende ‘Vou Films’ quixeron agradecer a implicación do Concello da Pobra e a axuda da Policía Local e Protección Civil durante a rodaxe da curta.