O executivo sonense levará a pleno a aprobación inicial do PXOM

pxomportodoson.jpgPORTO DO SON> A sesión plenaria celebrarase o próximo día 27 de febreiro. A idea do equipo de goberno é sacar adiante o planeamento co respaldo unánime de tódolos grupos con representación municipal.

{flowplayer}barbanza/pxomportodoson.flv{/flowplayer}

Despois de anos de tramitación, o novo planeamento de Porto do Son será levado a pleno o vindeiro día 27 deste mes de febreiro para a súa aprobación inicial. Dende o equipo de goberno confían en que teña o respaldo unánime de toda a corporación, xa que se trata dunha ferramenta fundamental para o desenvolvemento presente e futuro do municipio, co que se pretende dar cobertura a numerosas vivendas que neste momento se atopan fóra de ordenación. Unha vez pasado este trámite, o documento será sometido a exposición pública durante un prazo de dous meses.

Máxima transparencia

A intención do executivo sonense é que chega á tódolos veciños. Por esta razón está previsto colgar o documento na propia páxina web municipal e faranse charlas informativas polas parroquias na que tomarán parte técnicos da empresa redactora e a propia arquitecta municipal.

Antes de 2012

Dende o propio executivo confíase en que o novo PXOM de Porto do Son poida estar aprobado definitivamente antes de finais deste ano 2012. Entre as características máis destacadas do planeamento, que tería unha vixencia ata o ano 2033, é que está adaptado á lei do POL e a de Directrices de Ordenación do Territorio, prevese unha reducción da capacidade edificatoria, baseándose nun crecemento sostible dos núcleos e nel recóllense tamén os novos proxectos de mobilidade como son a variante de Portosín e a circunvalacións de Porto do Son.

Redacción Barbanza