O rexedor noiés aparta ós nacionalistas da área de Urbanismo

crisebipartitonoia1_100_100309.jpgNOIA> Dende a alcaldía sinalan que os cambios responden á necesidade de realizar unha remodelación no funcionamento orgánico do goberno.

{flowplayer}barbanza/crisebipartitonoia1.flv{/flowplayer}

As augas baixan revoltas no goberno bipartito noiés. O alcalde, Rafael García Guerrero, anunciou esta mañá que aparta do cargo de concelleiro de Urbanismo ó edil nacionalista, Xosé Bernaldo Castro, e asume el mesmo estas competencias, coa finalidade de resolver tódolos atrancos existentes neste departamento.

Enfrontamento

Aínda así o cambio parece vir derivado do enfrontamento existente entre as dúas forzas políticas dende hai tempo, e que tivo o seu punto álxido o pasado venres, no pleno no que se debatía a aprobación do Plan de Saneamento para a ría noiesa. As razóns que o levaron a tomar esta decisión, responde á necesidade urxente de dar respostas á cidadanía.

A Medio Rural

O ata de agora edil de Urbanismo, Xosé Bernaldo Castro, será trasladado á Concellería de Medio Rural.

Redacción Barbanza