NOIA> A fotógrafa noiesa foi a gañadora do concurso de carteis, que chega este ano a súa cuarta edición.
Das doce fotografías presentadas a concurso, o xurado decidiu escoller a realizada por Uxía Gandarela. A súa é a fotografía que ilustra xa o cartel da Semana Santa deste ano cuxos actos serán organizados por catro confrarías: a dos Dolores, a dos Nazarenos, a Terceira Orde Franciscana Segrar e a do Resucitado, a última en institurse.
Para a gañadora, fotógrafa afeccionada, o premio foi unha ledicia. Ligada e colaboradora dende sempre coas diferentes confrarías que organizan as procesións de Semana Santa na vila, decidiu presentarse ó concurso animada por amigos.
O cura-párroco de San Martiño, José Ortoño, aproveitou o acto para facerlle entrega tamén á gañadora, o cheque cos douscentos euros co que estaba dotado esta cuarta edición do concurso de carteis da Semana Santa de Noia









