![]()
NOIA> Presentarán un escrito para que as corporacións dos seus respectivos concellos reivindiquen esta infraestrutura viaria perante a Consellería de Medio Ambiente e Territorio.
As patronais de Noia, Muros, Outes e Porto do Son, a Federación de Empresarios da Barbanza e as asociacións comerciais Punto San Lázaro e Noia Histórica uniron forzas para reinvindicar a construción dunha autovía no tramo dende Brión ata Noia en troques do corredor que actualmente se está a executar.
{flowplayer}barbanza/empresariosautovianoia.flv{/flowplayer}
E deron varios motivos para elo: A comarca de Muros Noia precisa unha infraestrutura viaria de alta capacidade para vertebrar correctamente o territorio que enlazaría ca autovía que xa existe entre os municipios de Brión e Santiago. Esta petición tamén vén avalada polo elevado número de desprazamentos que diariamente se realizan entre esta bisbarra e ca capital galega en ámbalas dúas direccións.
Maior seguridade viaria
O presidente da asociación de actividades empresariais de Noia aludiu a que noutras zonas de Galicia –concretamente nomeou a comarca do Deza- que se dotou dunha autovía cando o volume diario de tráfico é inferior á da bisbarra de Muros-Noia. Ademáis, os empresarios desta bisbarra considerar que unha autovía permitirá o asentamento de maior poboación chegada da área de influencia de Santiago.
Pérez fixo referencia á vía rápida da Barbanza que co tempo tivo que se desdoblar nunha autovía para mellorar a seguridade vial. Queren que non aconteza o mesmo na comarca Muros Noia con este corredor.
Nos vindeiros días, todas estas asociacións presentarán un escrito redactado de xeito conxunto en cada munipio da comarca reclamando a autovía. Esperan que todas as corporacións locais, de forma unánime, insten á Xunta a incluir unha partida orzamentaria nos vindeiros presupostos.
Redacción Barbanza







