PORTO DO SON> A Confraría da Paixón do Noso Señor encargada da organización das procesións celebra este ano o seu décimo quinto aniversario.
Un bo número de persoas asistiron este pasado domingo na igrexa de San Vicente de Noal ó pregón co que arrancan os actos da Semana Santa sonense. Este ano o encargado de dar o pistoletazo oficial ás celebracións foi o arcipreste, párroco e mestre permanente no obispado de Ourense, Raúl Alfonso González.
Aproveitouse ademais este acto, para dar a coñecer o amplo programa relixioso previsto para estes días organizado, como vén sendo costume pola Confraría da Paixón do Noso Señor, que este ano cumpre o seu quince aniversario.
Dende o Concello destacaron tamén a labor realizada nestes anos pola Confraría da Paixón do Noso Señor e os seus cofrades que conseguiron poñer á Semana Santa sonense no lugar que realmente se merece.
A Confraría aproveitou tamén este acto para renderlle homenaxe a diversas persoas, entre os que se atopaban ós alcaldes que durante estes quince anos colaboraron coa entidade, buscando un único obxectivo común: darlle un maior pulo á Semana Santa sonense, hoxe xa un referente na comarca.
Comments are closed.