PORTO DO SON> A consellería de Medio Ambiente argumenta a súa decisión na falla dun informe vinculante da Dirección Xeral de Sostebilidade e Paisaxe.
{flowplayer}barbanza/pxomportodoson.flv{/flowplayer}
O voceiro do PP de Porto do Son aproveitou tamén este feito para criticar, a través dunha nota pública, á que segundo el é unha nefasta xestión urbanística por parte do goberno bipartido durante este tempo á fronte do concello. Segundo el a devolución por parte da Xunta do novo documento implica unha nova revisión completa do mesmo. Ademais alude á existencia de posibles presuntos escuros intereses, xa que levaron a cabo a elaboración do PXOM sen dar ningún tipo de información á oposición.
Dende o goberno sonense tamén quixeron contestar a estas palabras sinalando que o nefasto para o concello sería que o Partido Popular seguise á fronte da alcaldía, cando en máis de dous anos non fixo nada por sacar adiante un documento vital para o desenvolvemento dun concello.
Redacción Barbanza
Comments are closed.