![]()
PONTEVEDRA> Na pasarela, deseños inspirados na arte modernista, moito colorido e un estilo urbano e cosmopolita.
{flowplayer}images/salnes/pontus_veteris.flv{/flowplayer}
Logo de vintetrés anos, a Pasarela Pontus Véteris sobrevive, incluso nestes tempos de crise. Inspirados no Art Nouveau, unha trintena de modelos mostrou as propostas de cinco deseñadores. Abriu o desfile Florentino, que considerou que é o momento de facer un esforzo creativo que axude a ilusionar. Propuxo a síntese entre chaqueta e parka. Un novo estilo que mestura os dous conceptos con tecidos bicolores e panos de la. Unha vestimenta diferente para ambiente urbano.
Outro dos protagonistas, Montoto, presenta na súa colección as experiencias vividas nunha grande cidade, onde etnias, cultura, costumes e tradicións, inspiran continuamente formando un universo.
María Mariño cunha liña xuvenil, African Blue, espontánea, colorista… creando un ambiente divertido e moi sport. A colección María Mariño co tema ‘singing in the rain’ presenta chaquetas e chaquetóns metalizados, marcando cintura. Vestidos anos sesenta e pantalóns de pinza.
Os trinta anos de experiencia de Araújo Piel, póñense de novo de manifesto na presentación para a tempada outono inverno 2009-2010. visón, astrakán, zorro e lapín con novas texturas, brillantes acabados e tonalidades exclusivas. En volumes e proporcións marcan o gusto polos oitenta.
O desfile pechouno Toypes. Na colección de coctail e festa, céntrase na beleza clásica, usando saténs, organzas de seda, jacquards, encaixe e pedrería… deixando lugar tamén aos tecidos mais modernos e novedosos.
A gran falta da noite foi a coruñesa Charoa, que declinou participar no desfile. A estrela, A malagueña Elisabeth Reyes, Miss España 2006 e mais coñecida ultimamente pola súa suposta relación con Francisco Rivera.
Redacción Salnés









