O Est. Otero asegúrase a permanencia e opta ó ascenso

tenisdemesa250_210109.jpgSALNÉS> Os cambadeses xogaron dous partidos en Cataluña, gañaron ambos, aseguraron a súa permanencia e agora optan a meterse na fase de ascenso.

Gran fin de semana para o Establecimientos Otero. Viaxaban a Cataluña co claro obxectivo de acadar unha victoria, pero a sabendas de que sería complicado. Pois os cambadeses foron quen de colleitar, non só unha, senón as dúas.

No primeiro partido, impuxéronse ó L’Escala por 2-4, nun encontro moi igualado nos seus parciais que resolveuse grazas ó traballo de tódolos compoñentes, non en van todos gañaron un encontro en individuais. O cuarto punto foi do dobres entre Jacobo e Junhui.

O chino foi decisivo no partido ante o Bascara, o ata esta xornada segundo clasificado. Cun gran partido ante o nixeriano Nasiru encarrilou o marcador, que ó final quedaríase nun contundente 1-4,  grazas tamén ó punto individual de Enseñat e do dobres.

Estas dúas victorias colocan ó Estableciminetos Otero na segunda posición da xeral, con pocións de meterse na fase de ascenso aínda que á espera da visita a semana que ven do líder Irun Leka Enea.

Na Segunda Nacional O Grupo Barros continúa intratable e sen aínda coñecer a derrota tras dezaseis xornadas. Na última  venceu por 0-4 ó Ordes. Na situación oposta segue o Joyería Enrique, último e sen saber o que é gañar. O Arteal foi o seu verdugo esta semana co que caeu por 4-0.

En Primeira Feminina o Caixa Nova perdeu os seus dous partidos, ante o Collosa por 4-0 e co Burgos por 4-2. Continúan penúltimas na xeral.

Ademais, nas divisións autonómicas, en Primeira o Caixa Galicia caeu por 0-4 ante o Lalín, nun partido máis desigual do agardado mentres que o Insucarpi impúxose ó Vincios por 4-1.

Redacción Salnés