Os socios de Noia Histórica poderán mellorar a eficiencia enerxética das súas empresas

NOIA> Noia Histórica e Galicia Consultores S.L  asinaron un convenio de colaboración. O obxectivo é reducir o consumo enerxético das empresas asociadas a través dun estudo individualizado das súas necesidade.

Os socios de Noia Histórica terán ocasión de realizar unha auditoría do consumo enerxético dos seus negocios ó convenio que a entidade vén de asinar con Galicia Consultores Enerxéticos S.L.

Ademais de reducir considerablemente os custos económicos, a implantación de medidas de aforro enerxético suporá tamén un gran avance a nivel medioambiental.

Nos próximos días, Noia Histórica manterá unha xuntanza virtual cos asociados para trasladarlles os pormenores do acordo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí