![]()
SALNÉS> Non foi unha boa fin de semana para os equipos do Salnés, agás para o Portonovo que volveu a gañar catro meses despois. Empata a puntos cun Arousa que caeu na Lomba ante o Coruxo e que prolonga así a súa crise deportiva e institucional.
{flowplayer}images/salnes/arousa_160309.flv{/flowplayer}
Levouse os puntos quen más o mereceu. Así de crúa é a realidade para un Arousa que onte foi inferior ó Coruxo. Os vigueses tiveron máis e mellores ocasións durante todo o partido aínda que non foron quen de materializalas ata o tramo final.
Na primeira metade, os achegamentos foron sempre dos de Javier Maté, que rondaron o gol en varios deles. Con 0-0 ó descanso, esa incertidume no marcador outorgáballe posibilidades ós vilagarciáns, que estiveron a piques de adiantarse cun cabezazo de Valiñas á saída dun corner.
Pero o partido cambiou mediada a segunda metade coa expulsión de Nelo. O Arousa quedábase con dez. O dominio visitante foi se cadra aínda maior a partir de ahí. Moncho salvou en primeira instancia un man a man ante un dianteiro do Coruxo; no córner seguinte foi o pau quen lles botou unha man ós de Pablo Vázquez. O
s visitantes volcáronse e iso a piques estivo de custarlles o partido. Nunha contra Juanito quedouse só ante Jorge Pérez, pero o meta gañoulle a partida.
E tanto foi o cántaro á fonte que acabou por romper. A cinco para o noventa chegaba o 0-1. Costas foi o autor do gol. Co Arousa fundido e a mercede, sen capacidade de reacción, chegou a sentencia no 89′. Óscar Pérez asinaba un dos goles da tarde.
Así morreu o encontro. O Arousa quédase penúltimo na clasificación. Canda menos pode agarrarse a que non ten tan lonxe a salvación. Semella que, se todo continúa polo mesmo camiño, serán seis os equipos que se xogarán a permanencia, eses seis que agora están metidos en tan só tres puntos.
VICTORIA DO PORTONOVO E DERROTA DO CÉLTIGA
O Céltiga non puido co Cerceda e alónxase deste xeito do cuarto clasificado. Os de Josiño Abalde completaron unha moi boa primeira metade na que dominaron e tiveron ocasións como para ter sentenciado o encontro. Non as aproveitaron e xa na segunda o Cerceda sí que concretou nas súas e acabou goleando por 3-0.
Pero sen dúbida a mellor nova da xornada deuna o Portonovo, que gañou no campo dun rival directo pola salvación. 1-2 ante o Ordes, con goles de Pablo e Fiti que siguen deixando os de Canle na última posición pero reforzados moralmente para afrontar os vindeiros encontros.
Ademais, na Preferente Sur, o Unión sumou unha importante victoria ante o Ponte Ourense, por 1-2; tamén 1-2 na Senra, derrota do Ribadumia ante o Ourense B, mentres que o Sanxenxo caeu pola mínima en Celanova, 1-0 ante o Sporting.
Redacción Salnés








