Unha poxa solidaria deixa preto dos nove mil euros para Cruz Vermella e Cáritas

NOIA> A concellería de Cultura conseguiu recadar preto dos nove mil euros para Cáritas e Cruz vermella. Fíxoo a través dunha subhasta solidaria con obra doadas por recoñecidos artistas locais como é o caso de Soledad Penalta, Alfonso Costa ou Veiras Manteiga.

A suspensión esta pasada fin de semana da tradicional feira de San Marcos por mor do coronavirus e con ela, o aprazamento do habitual certame de pintura, fixo que a concellería de Cultura decidira dar un xiro de 360 graos, e optar pola organización dunha poxa solidaria a través das redes co fin de recadar fondos para aquelas familias que peor o están pasando nesta crise sanitaria. Dende o departamento de Cultura quixeron agradecer a colaboración de artistas locais de talla recoñecida como é o caso de Soledad Penalta, Alfonso Costa ou Veiras Manteiga que cederon varias das súas obras para poder organizar esta subhasta.

Apenas unha hora despois do comezo da subhasta conducida nas redes polos humoristas Federico Pérez e Pedro Brandariz, tódalas obras presentadas xa foran vendidas. En total conseguiuse recadar preto dos nove mil euros que serán entregados á Cruz Vermella Local e a Cáritas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí