Dezaoito xornadas despois, o Interrías volveu a perder

futbolsala250_170309.jpgSALNÉS> Dezaoito partidos despois, o Viajes Interrías volveu a perder e fíxoo en Ourense ante o Villamartín (4-3). Sí que gañou o Grupo Junquera ó Trabada por 5-2, polo que os vilagarciáns afiánzanse na parte alta da táboa.

O Villamartín tiña gañas de vinganza e consumouna. Os ourensáns caeran no partido de ida en Baltar por un humillante 16-2 e vaia se aprenderon a lección. Foron quen de romper con 17 victorias seguidas do Viajes Interrías e agora afastan ós portonoveses da primeira praza do grupo.

Foi o partido que se preveía, non en canto a resultado, pero sí en canto a xogo. Os locais pecháronse atrás dándolle a iniciativa a un Interrías que non víu porta con claridade. De feito, o Villamartín aproveitou as súas oportunidades á contra para irse ó descanso con 3-0 en vantaxe.

Intentaron reaccionar os de Javi Santos e Bruno Ribeiro puxo o 3-1, pero xusto despois chegou o cuarto dos ourensáns. Pese ó arreón final do Interrías o empate non chegaría e os goles de Pitu e Javi Santos serían en balde.

Con esta derrota quedan segundos, eso si, con dous partidos menos diputados e a catro puntos do líder Cesuras, ó que recibirán o sábado nun partido trascendental. Antes, o xoves, xogarán o encontro adiado ante o Bueu.

En Fontecarmoa o Grupo Junquera prolongou a súa xeira de resultados ante un complicado rival como o Trabada. Os dous conxuntos xogaron dende o inicio con velocidade e cunhas liñas de presión moi adiantadas. Ben é certo que os vilagaricáns dispuxeron de máis ocasións e dominaron durante moitas fases.

Fóronse 2-0 ó descanso e acadaron o terceiro na reanudación. Pero os visitantes conseguiron reducir diferencias a cinco para o final e colocaron un inquietante 3-2. Xa nos últimos compases, co Trabada emborcado en busca do empate, os de Juancar atoparon dúas contras e pecharon o partido.

Con estes tres puntos quedan cuartos, a dous do Caloto que é terceiro e que disputou un partido máis.

Redacción Salnés