Rematan as obras de ampliación da estrada de Argalo

ampliacionestradaargalo_100_17032009.jpgNOIA> O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero acompañado do edil de obras, Xosé Rodríguez Agulleiro inauguraron esta actuación.

Os veciños de Argalo viron cumprida unha demanda pola que levaban máis de dez anos esperando: a ampliación da estrada provincial que atravesa esta parroquia noiesa e é a súa principal arteria de comunicación co casco urbano de Noia. As obras concluiron hai escasos días, co pintado das sinais viarias no firme.

Alta sinistralidade

Malia tratarse dun vial da rede secundaria rexistra un alto volume de tráfico diario que se incrementa notablemente na época estival xa que se usa como atallo polos conductores que regresan das praias para evitar as retencións do núcleo urbano. Isto unido as características da vía, estreita e con curvas perigosas, fan desta estrada un vial de alto risco, onde xa se teñen producido varios accidentes.

{flowplayer}barbanza/ampliacionestradaargalo.flv{/flowplayer}

A execución desta actuación levouse a cabo en duas fases e foi financiada na súa totalidade pola Deputación de A Coruña. O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero critou a xestión do anterior presidente da Deputación de A Coruña, José Luis Torres Colomer pola demora na execución deste proxecto, presupostado dende o ano 2002.

García Guerrero Agradeceu a boa disposición dos veciños desta parroquia que cederon á Deputación de A Coruña os terreos para realizar a ampliación do vial.

Os traballos de remodelación consistiron na mellora das canalizacións, construcción de beirrúas e muros de contención e reposición do pavimento. O tramo arranxado ten unha extensión de preto dun quilómetro e medio de lonxitude.

Redacción Barbanza