O tenis de mesa fai a súa parada en Ribadumia

RIBADUMIA> O Salón de Plenos do concello de Ribadumia acolleu esta mañá a presentación do Campionato Galego Xuvenil e Benxamín de Tenis de Mesa que se vai celebrar en Semana Santa. Máis dun cento de rapaces participarán neste torneo que contará coa presencia de sete deportistas locais.

{flowplayer}images/salnes/TenisMesa_150411.flv{/flowplayer} 

A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña presentou esta mañá, acompañada polo concelleiro de deportes Jorge Abal, o XXIV Campionato Galego Xuvenil e Benxamín de tenis de mesa. O evento terá lugar o mércores e o xoves da semana que ven no Pavillón Municipal de Sisán, e está organizado polo Club Ribadumia Tenis de Mesa. O seu presidente, José Antonio Sanmartín, cree que é unha boa oportunidade para dar a coñecer o municipio. 

Dos 120 participantes, sete deles serán do club local, que tentarán completar unha actuación destacada. 

Tamén estivo presente no acto o Delegado da Federación nas Rías Baixas Emilio Álvarez, quen felicitou ó Club Ribadumia por dar o paso para organizar un evento desta magnitude. O formato de competición será o habitual neste tipo de probas. O primeiro día xogaranse os torneo individuais, cunha fase de grupos e eliminatorias, e o segundo será o turno da competición por equipos. Os partidos desenvolveranse durante todo o día, de 09:30 a 20:00.

Redacción Salnés