Boiro acollerá unha nova edición do Campus de Verán do Obradoiro

BOIRO> Boiro será de novo sede do Campus de Verán do Obradoiro.

A actividade foi presentada esta mañá no Concello nun acto que contou, entre outras autoridades co novo Director Xeral do Club, Hector Galán.

O Campus, organizado polo Obradoiro en colaboración co Club Santa Baia de Boiro, desenvolverase do 24 ó 28 de xuño, en horario de mañá e de tarde.

Irá dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos.

Na presentación do Campus participou tamén a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, empresa que dende a primeira edición colabora con esta iniciativa pola que xa pararon máis dun millar de rapaces.

Coa iniciativa colabora tamén o Concello, que pon a disposición da organización as súas infraestruturas deportivas.

Segundo indicou o propio edil de Deportes, Marcos Fajardo, para Boiro é todo un orgullo poder apoiar este tipo de propostas.

As inscrición xa están abertas. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.obradoirocab.com.