O Club Piragüismo a Illa e Antonio Palmas, triunfan no Umia

piraguismo250_060709.jpgRIBADUMIA> O Club Illa de Arousa revalidou o título acadado o ano pasado e impúxose por equipos na XV Baixada do Río Umia, tras sumar un total de oito. O vencedor na categoría raíña foi Antonio Palmas, kayakista do Vilaboa.

A Baixada do Río Umia volveu a ser un gran espectáculo deportivo nesta a súa decimoquinta edición. Con saída na Praia Fluvial de Portas e chegada en Cabanelas, xunta á sede do club oranizador, o Náutico o Muiño, moitos afeccionados quixeron seguir de preto o desenvolvemneto da proba, ó longo dos seus 14 quilómetros de traxecto.

Foi a deste ano, unha edición con poucas sorpresas na que os pronósticos foron acertados. De feito, o Club Piragüismo Vilaboa, que partía con moitas opcións de levarase o título en k-1 senior, colocou sete padexeiros entre os dez primeiros nesta a categoría raíña.

O máis rápido tras unha hora e unha minuto de esforzo foi Antonio Palmas, que aventaxou en menos dun segundo a Jesús Pazos, compañeiro seu no Vilaboa e co que mantiveron un bonito e igualadísimo duelo durante toda a proba. Francisco Vázquez, do Fluvial de Lugo, rematou terceiro. O mellor clasificado dos padexeiros arousanos foi Simón Díaz, do Breogán do Grove, que rematou decimoséptimo.

Por equipos o Club Piraguismo A Illa, fundamentou a súa victoria con grandes resultados nas canoas senior. Ramón Ferro, revalidou título por diante do seu compañeiro Óscar Graña, que chegou tan só dous segundos despois. En terceira posición entrou Jesús Pérez Rial, do Náutico o Muiño. Este podium foi o mesmo que se deu na pasada edición.

Nuria Santiago, tamén gañou para a Illa en kayak feminino, por diante de Ana Valín do Náutico. Ademais coparon o podium en C-1 Junior con Adrián Pérez, Daniel Longo e Rubén Bayón.

No que respecta as metas volantes colocadas polas organización, Alejandro Conde adxudicouse a Ramón Serantes ‘Peque’, ó ser o primeiro cadete en pasar pola ponte de Bayón, mentres que Diego Castro foi o gañador da Meta Volante ‘José Manuel Torres’,ó ser o primeiro xuvenil de K-1 en pasar por Pontearnelas.

Redacción Salnés