A ocupación hostaleira non supera o 50 por cento na primeira ponte do ano

    reporturismo_100_190309.jpgBARBANZA> As comarcas da Arousa iniciaron unha ponte festiva que, ó igual que no resto de Galicia, estará marcada polas altas presións.

    {flowplayer}barbanza/reporturismo.flv{/flowplayer}

    A piques de entrar a primavera, toda Galicia está a vivir unha situación meteorolóxica moi favorable, con temperaturas que rondan os 25 graos. O bo tempo fai desta primeira ponte do ano unha ocasión perfecta para visitar as comarcas costeiras; aínda así, o sector hostaleiro non prevé un inicio de tempada demasiado bo.

    Non só a crise afecta senón o feito de que o 19 de marzo non sexa festivo en toda España e que coincida co día do pai fai que moitos opten por quedar na casa nestas datas.

    Non acontece o mesmo coa Semana Santa, época para a que a xente planifica as vacacións con antelación e mesmo o verán. Para o mes de agosto xa son moitos os establecementos que colgaron o cartel de completo.

    Aínda así, esta mañá, os paseos marítimos de vilas como Ribeira e Pobra nos deixaban esta estampa tipicamente estival e, mesmo foron moitos os que se animaron a desfrutar da praia adiantándose á chegada do verán.

    Precaución nas estradas

    O bo tempo continuará ó longo de toda a ponte polo que, queles que teñan a sorte de desfrutala, teñen por diante aínda tres días de sol e altas temperaturas. Nesta primeira operación saída agárdanse máis de cinco millóns e medio de desprazamentos, posto que ademais de en Galicia o día de San Xosé é festivo noutras oito comunidades polo que dende a DXT apelan á prudencia para evitar accidentes.

    Redacción Barbanza