RIANXO> A reforma levada a cabo no Pazo do Martelo con cargo ó Programa de Impulso e Rehabilitación de Edificios Públicos do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, a extensión da banda ancha en todo o termo municipal ou programas de dinamización turística xa no ámbito da Mancomunidade son só algúns dos exemplos dos investimentos realizados nos últimos anos polo Goberno Central en Rianxo, cun investimento próximo ós dous millóns de euros.
Actuacións que dende o Concello aplauden, xa que se trata de reclamacións de vello.
Unha colaboración que o executivo rianxeiro agarda teña continuidade con máis proxectos.
Un deles garda relación co mantemento e recuperación do bordo litoral da zona comprendida entre Fincheira e Quenxo, para o que é necesario a implicación de Costas.
Dende o Concello tamén se solicitou axuda para a reforma e cesións de novos usos do antigo edificio da Casa do Mar.











