O Vilalonga apea ó Arousa e métese en segunda rolda

copa250_190309.jpgSANXENXO> O Vilalonga acadou onte o seu pase á segunda rolda da Copa Galiza logo de impoñerse ó Arousa por 3-2. Os de Gabi Leis foron superiores durante boa parte do encontro pero tiveron que sufrir non minutos finais debido ó empuxe dos vilagarciáns.

O preciado botín dos 4.000 euros finalmente quedarase en San Pedro. Os celestes avanzaron onte á segunda rolda da Copa Galiza tras impoñerse a un Arousa que demostrou estar máis pendiente de salvar a súa delicada situación el liga.

A posesión e o dominio do balón foi durante moitos minutos dos vilagarciáns, pero non souberon crear ocasións claras de gol ante un Vilalonga que semellaba saber moi ben como atacar ó seu rival e que cada vez que se achegaba á meta defendida por Moncho facíao con perigo.

Saúl foi un auténtico quebradeiro de cabeza para a zaga visitante. As súas accións en velocidade pola banda dereita foron as que crearon mías perigo. De feito, ahí naceu o 1-0, que logo remataría Machu en boca de gol, e tamén o segundo, dez minutos máis tarde, no 35′, que culminaría o propio Saúl.

Pero o Arousa atopouse cun penalti antes do descanso bastante protestado polos locais, que anotaría Hugo para meter de novo na loita ó seu equipo.

O dominio no inicio da segunda metade foi arlequinado, pero as suas combinacións morrían antes de chegar ó area. Xusto ó contrario que as do Vilalonga, que sentenciou o encontro pasado o mintuo tras un cabezazo de Pablo Pillado a centro de Machu.

Intentouno o Arousa de ahí ata o final con máis corazón que cabeza. Recurtou diferencias grazas a un gol en propia meta de Sarró xa na prolongación que poñía o 3-2. Tiveron un último corner no que ata subíu a rematar o porteiro Moncho pero as cousas quedarían ahí.

 O Arousa quédase fóra, sen distraccións para a liga, e o Vilalonga avanza rolda onde se enfrontará, de novo en San Pedro ó Club Deportivo Lugo, todo un 2ªB.

Redacción Salnés