A ponte de San Xosé enche as praias da comarca

    repor_turismo_100_190309.jpgSALNÉS> A maior parte das viaxes que se realizan estes días son escapadas curtas e programadas a última hora.

    {flowplayer}images/salnes/190309_repor_turismo.flv{/flowplayer} 

    Se non fose porque o calendario marca o 19 de marzo, calquera diría que estamos en pleno mes de agosto. Con crise ou sen ela, foron moitos os que esta ponte decidiron achegarse ó Salnés para gozar duns días de descanso. A maioría galegos chegados de distintos puntos da comunidade, aínda que esta mañá en Sanxenxo tamén atopabamos algún madrileño ou mesmo visitantes chegados de Asturias.

    A proximidade da Semana Santa fixo que moitos se pensaran se marchar ou non de vacacións nesta ponte. O bo tempo xogou un papel decisivo.

    Por iso as saídas desta ponte están a ser escapadas curtas a lugares próximos ós que se poida chegar en dúas ou tres horas de coche. De feito, a meirande parte das reservas hoteleiras para estes días comezaron a facerse o luns, e incluso onte os hoteis aínda recibía chamadas de turistas interesándose polas tarifas de aloxamento.

    Os hosteleiros da comarca confían en que esta ponte se manteña o nivel de visitas doutros anos. En principio as previsións son boas, xa que aínda que a temporada alta dos hoteis non comeza ata Semana Santa, nestes días xa está dispoñible preto do 35 por cento da oferta hoteleira.

    Redacción Salnés