BARBANZA> Se ben a Noiteboa é a data por excelencia para celebrar en familia, cada vez son máis os que se animan a celebrar o fin de ano fóra.
{flowplayer}barbanza/viaxesfindeano.flv{/flowplayer}
Os barbanzáns seguen a buscar sol para despedir o ano. Por elo, as Illas Canarias continuan entre os destinos máis demandados nestas datas. Cobran forza este ano os circuitos por capitais europeas como Roma e Praga, de entre tres e cinco días. Pero a principal novidade atopámola nas estancias de fin de semana en casas de turismo rural ou balnearios qu incléun cea de gala e os distintos servizos que oferta o establecemento.
Se ben a crise non se deixou notar no número de reservas, xa que cada vez son máis os que se animan a celebrar o fin de ano viaxando, si se notou un cambio de tendencias.
As estancias son máis curtas e os destinos máis próximos. Así o Caribe os EEUU perden tirón fronte ós destinos nacionais ou Europa. Opcións sen dúbida máis económicas pero non por elo menos atractivas.
O perfil do viaxeiro tamén varía e a mocidade deixa paso a matrimonios con fillos que aproveitan as vacacións escolares para viaxar en familia.
Redacción Barbanza