Bos prezos da centola e altos do peixe no inicio da campaña de nadal nas prazas

CAMBADOS> Bos prezos da centola nos primeiros días de venda nos mercados de abastos. A venda dos crustáceos varía segundo o seu peso entre os 15 e os 18 euros o quilo. Moitos clientes están adiantando xa as compras de nadal mercando ademáis outros mariscos como as nécoras ou os camaróns.

Os mercados de abastos comezan a notar xa a proximidade do nadal, a época do ano onde máis incrementan as súas vendas. O produto estrela nestas datas é a centola, especialmente despois de comezar a campaña de extracción. As vendas comezaron cuns prezos similares aos dos últimos anos.

A falta dun mes da chegada do nadal, as vendedoras xa notan un aumento dos clientes.

Ademais da centola, as nécoras e os camaróns son outros dos alimentos máis demandados. Os prezos destes mariscos ao igual que os dos peixes están elevados.

O que tamén notan as vendedoras é un incremento das compras de marisco pensando xa nas ceas do nadal.

Os prezos continuarán aumento ata que chegue o nadal. A principal vantaxe de comprar o marisco e o peixe nesta época é que é máis barato que a mediados de decembro. Os que agardan ao final pagarán un prezo máis caro pero obterán un produto máis fresco.