RIBADUMIA> Na última semana previo ao Sorteo de Lotaría do Nadal os galegos apuran a comprar os seus décimos ante o que din é a sorte dos últimos días. Pontevedra non é das provincias galegas que máis gasta en Lotaría por persoa, algo máis de 51 euros, pero despois dos 24 millóns que deixaron o Gordo e os grandes premios en Galicia o ano pasado, no Salnés xa teñen claro as súas terminacións gañadoras.
Aínda que o 7 é a terminación máis demandada, o 5 é o que máis premios se ten levado ao longo da historia da Lotaría de Nadal, seguido do 4 e o 6, e será por iso polo que todosos décimos rematados neste número levan semanas esgotados.
Os impares gañan se falamos de preferencias á hora de comprar os décimos pero cada un ten a súa explicación para apostar por unha ou outra terminación.
Esta mañá a Administración de Lotaría número 1 de Ribadumia non tiña un minuto de descanso como claro exemplo das compras de última hora que se dan habitualmente.
Nesta Administración leva tocando parte de grandes premios ano si ano non dende 2011 e este ano toca que caia de novo se a tradición se cumpre. Entre os clientes, tocara ou non no pasado, a ilusión xa está presente.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/venda_lotaria_nadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/venda_lotaria_nadal.mp4{/flowplayer}