O Umia sofre unha contaminación orgánica crónica

    diagnose_umia_100_150409.jpgPONTEVEDRA> Así o determina un estudo sobre o Estado Ecolóxico do río realizado pola Estación Hidrobiolóxica de O Con.

    {flowplayer}images/salnes/150409_diagnose_rio_umia.flv{/flowplayer}

    O Umia é un dos ríos máis alterados de toda Galicia. Desde que se produciu o accidente da Brenntag, o curso conseguiu recuperarse nalgúns tramos, pero o nivel de contaminación segue lonxe de acadar os niveis de calidade esixidos pola Unión Europea. Xa no 2006 a Deputación de Pontevedra encargou á Estación de O Con da Universidade de Santiago a elaboración de tres estudos científicos sobre o río para coñecer a súa situación e as posibilidades de recuperación. Nestas análises detectáronse 177 vertidos dende Caldas ata a desembocadura. O último dos estudos avalía a situación xeral do Umia. Para a súa elaboración empregaron 53 indicadores cos que se analizaron tres parámetros básicos. O primeiro deles, o fluxo da auga, en mal estado a consecuencia de prácticas agrícolas inadecuadas.

    En canto á calidade da auga, o Umia rexistra unha contaminación orgánica crónica, como rebela o crecemento no seu curso dunha alga tóxica.

    O río segue a presentar unha gran variedade de peixes, aínda que descendeu o volume de exemplares e o seu tamaño. A pesar destes datos, o autor do estudo e director da Estación Hidrolóxica de O Con, Fernando Cobo asegura que o Umia se podería recuperar ben cunha depuración de verquidos axeitada. Neste sentido, o presidente da Deputación explicou que xa está en marcha a construción dunha depuradora na desembocadura do río. Rafael Louzán anunciou tamén que se levará a cabo un plan de recuperación vexetal das marxes do río en colaboración coa nova Xunta.

    Este último estudo é o primeiro que se realiza en España seguindo as directrices do Plan Hidrolóxico aprobado en setembro do 2008.

    Redacción Salnés