Unha muller lanza pola fiestra ás súas netas para salvalas dun incendio

    incendio_grove_100_200309.jpgO GROVE> O suceso tivo lugar no número 90 da rúa Beiramar. Un curtocircuíto no cadro de luces podería ser a orixe do lume.

    {flowplayer}images/salnes/200309_incendio_grove_ok.flv{/flowplayer}

    O día de San Xosé será lembrado polos habitantes deste inmoble como un dos máis tensos das súas vidas. Arredor da unha da tarde, un incendio orixinado na entrada do edificio rompía a tranquilidade deste día festivo. As causas apuntan en principio a un curtocircuíto no cadro de luces. Nel había apoiados uns colchóns que se ían levar ó punto limpo. O lume prendeu neles ocasionando unha intensa fumareda.

    Nove persoas se atopaban nese momento dentro do edificio. En canto o fume comezou a inundar as vivendas todas saíron as ventás presas do pánico, entre elas unha muller de 65 anos, que nun intento de salvar ás súas netas as botou pola fiestra para que as recollesen os veciños.

    Os primeiros en chegar ó lugar foron os efectivos da policía local, seguidos de Protección Civil do Grove. Entre eles sufocaron o lumen e rescataron ás persoas atrapadas. Unha intervención rápida que foi coordinada polo edil de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea.

    A zona dos contadores onde se orixinou o lume quedou totalmente calcinada, e aínda que as vivendas non sufriron grandes desperfectos, polo de agora están inhabitables.

    Redacción Salnés