Catoira xa conta co estudo para suprimir o paso a nivel de Cedonosa

    catoiri_100_001.jpgCATOIRA > A eliminación do paso a nivel de Cedonosa está cada vez máis próxima en Catoira. O administrador de infrastuturas ferroviarias, ADIF, …

    … ven de presentarlle o concello o proxecto preliminar no que se contempla un camiño de enlace que permitirá suprimir o paso, que se emprega de xeito habitual para poder acceder ás empresas situadas na parte oeste da vía. Segundo o proxecto, o tráfico rodado vaise a desviar a través do paseo ode Xelmírez, cruzando o paso superior que agora de emprega para chegar ás Torres do Oeste. Esta é a solución que o rexedor local, Alberto García, lle propuxera a ADIF, nas xuntanzas que o alcalde mantivera co administrador ferroviario na sede de Fomento en Madrid.

    As obras, que se prevé estean rematadas para o verán do ano vindeiro, van a supoñer a ampliación e acondicionamento da rúa que discorre paralela á liña ferroviaria, e que conta actualmente cunha anchura media de catro metros e medio, e que se vai aumentar ata os sete. As actuacións van a obrigar a ocupar terreos privados, levando a cabo expropiacións de parcelas propiedade de seis veciños do concello. Ademais o concello tamén solicitou a ampliación dos abanos de entrada da ponte a desnivel, para facilitar o acceso dos vehículos pesados. Desta forma evítase o tráfico deste tipo de vehículos polo centro da vila.

    Redacción Salnés