Vilanova celebrou unha misa polos 50 anos do templo parroquial

    festas_vilanova_100_170907_-_still_005.jpgVILANOVA> O Novo Templo Parroquial de Vilanova celebrou onte o seu cincuenta aniversario coincidindo coa celebración de San Cipriano,…

    … patrón do concello. Cinco décadas de historia marcadas pola colaboración do pobo na labor de conservación do templo.

    O novo templo parroquial de Vilanova de Arousa cumpre 50 anos e para conmemoralo os veciños e as asociacións parroquiais coma a Asociación Xuvenil ‘Ansuíña’ levaron a cabo o longo do verán diferentes actos conmemorativos, dende conferencias ate concertos ou excursións. O ultimo foi a misa celebrada onte en honra ó patrón de Vilanova, San Cipriano, que contou coa visita do Arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio que foi recibido polo cura do concello, Antonio Sineiro ‘Tucho’; por Josefestas_vilanova_200_170907_-_still_004.jpg Juan Durán, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; polo tenente alcalde e a concelleira de Xuventude, Javier Tourís e Susana Baulde e polos curas das parroquias de San Miguel, Caleiro e Vilaxoán. A misa estivo acompañada de centos de fieis que encheron a igrexa nun día tan importante como o seu 50 aniversario. Un día que estivo marcado polos agradecementos a todos os que colaboraron na construcción do novo Templo en 1957 e a Tucho, o cura do concello. En honra á súa labor para a igrexa e cos veciños luce dende onte unha placa no templo co seu nome.

    festas_vilanova_200_170907_-_still_003.jpgCon motivo do cincuenta aniversario os asistentes á misa celebrada na mañá de onte recibiron un libro que recolle a historia do templo como agasallo. Un compendio das 5 décadas de historia do Novo Templo de Vilanova e da súa construcción nunha época na que pese ás dificultades todo o pobo estivo unido no proxecto desta nova igrexa.

    Vilanova en festas:

    A misa do cincuenta aniversario do novo templo de Vilanova estivo enmarcada nas festas patronais do concello. Festas en honra a san Roque e a San Cibrán que estiveron marcadas pola música e as procesións. Os veciños de Vilanova celebraron esta fin de semana as festas patronais que comezaron o sábado coa festividade de San Roque. Pola mañá, despois das bombas e da alborada a cargo da banda de música cultural de Vilanova, os protagonistas foron os máis pequenos. No Xardínfestas_vilanova_200_170907_-_still_002.jpg Umbrío colocáronse castelos inchables, un futbolín humano, o touro mecánico e diversos obradoiros que fixeron as ledicias dos máis cativos. Xa pola tarde os meniños puideron seguir gozando dos xogos pero os fieis déronse cita na misa solemne en honra a san Roque e na posterior procesión na que levaron ó santo a ombros polas rúas do concello. Xa á noitiña os veciños puideron disfrutar das orquestras ‘Azalea’ e ‘Azúcar’.

    A xornada festiva rematou onte pola noite, despois da misa solemne oficiada polo arcebispo Julian Barrio e a procesión de San Cibrán, cunha verbena a cargo das agrupacións ‘Ría de Arousa’ e ‘Tornado’.

    Redacción Salnés