As familias afectadas polo incendio foron realoxadas nun hotel

    realoxo_vitimas_100_200309.jpgO GROVE> Seis rapaces e unha muller de 65 anos foron trasladados a varios hospitais intoxicados por inhalación de fume.

    {flowplayer}images/salnes/200309_realoxo_vitimas.flv{/flowplayer}

    Os sanitarios do 061 atenderon no lugar ós afectados polo incendio, a maioría con cadros de ansiedade e intoxicación pola inhalación de fume. Logo de ser atendidos polos equipos médicos, os habitantes do inmoble foron realoxados nun hotel da vila. En total son catorce as persoas que permanecerán alí mentres se solucionan os danos causados polo incendio.

    Unha vez ventilado o edificio, os inquilinos entraban de novo ós pisos para recoller algúns efectos persoais, xa que aínda non se sabe cando poderán volver ás súas casas.

    As sete persoas que onte foron trasladadas a diferentes centros hospitalarios da provincia xa recibiron a alta, a última delas, a muller de 65 anos que salvou ás súas netas lanzándoas pola ventá.

    Redacción Salnés