O BNG demanda o arranxo da estrada de Romeiras a Poza de Moraña

    bngpobramelloravirxedomonte_100_200309.jpgPOBRA> Os nacionalistas pobreses denuncian que o firme da estrada atópase nun pésimo estado.

    {flowplayer}barbanza/bngpobramelloravirxedomonte.flv{/flowplayer}

    O BNG pobrés vén de facerse eco das queixas de numerosos veciños da capela da Virxe do Monte polo mal estado que presenta a estrada que une esta zona con Romeiras e Poza de Moraña. O firme da pista presenta numerosos socavóns, que dificultan o tránsito dos vehículos, e as beirarrúas atópanse completamente cubertas de vexetación.

    O edil nacionalista, Xosé Lois Piñeiro, sinala que na actualidade esta vial dá servizo a poucas vivendas, pero nun futuro inminente a situación mudará, xa que na zona estase a construir unha urbanización.

    A denuncia dos veciños non é nova e únese tamén a outras actuacións pendentes do executivo local na zona como é o caso tamén da conexión entre a zona do Castelo e as Romeiras.

    Redacción Barbanza