Xestur remata a segunda fase de Espiñeira con 24 novas parcelas

    recepcionobrasespineira_100_230309.jpgBOIRO> O alcalde de Boiro e a xerente de Xestur Coruña asinaron a acta de recepción das obras da segunda fase do polígono industrial de Espiñeira.

    {flowplayer}barbanza/recepcionobrasespineira.flv{/flowplayer}

    En decembro de 2007 inciábanse as obras de urbanización desta segunda fase, tras negociar cos propietarias a adquisición dos terreos. Dende aquela, os traballos atopáronse con varios atrancos, entre eles, a paralización cautelar por parte da Dirección Xeral de Patrimonio debido á existencia de varias mámoas no ámbito de actuación ou a contaminación do solo pola presenza de Calizamar.

    Tras superar tódolos impedimentos, finalmente este luns o concello recibía as obras que supuxeron a creación de 24 novas parcelas, das cales 18 xa están adxudicadas.

    Condicións

    Para evitar a especulación, tal e como aconteceu coa primeira fase na que existen aínda parcelas sen edificar, Xestur obrigou ós adxudicatarios a solicitar a licenza de obra no prazo dun ano e construír a nave nun prazo máximo de dous.

    A pesar de que as obras, acometidas pola empresa Taboada e Ramos, xa están rematadas quedan algunhas actuacións pendentes como a construción dunha beirarrúa frente a Calizamar, a conexión do poígono con Comoxo para comunicalo coa estrada Boiro-Noia, e a dotación dun depósito de auga. Estas actuacións serán acometidas proximamente posto que aparecen contempladas nos estudos económicos de Xetsur.

    Paralelamente á construción da segunda fase foron corrixíndose as deficiencias que presentaba a primeira, referidas principalmente ás deficiencias no subministro eléctrico e de auga.

    Aínda por estrear esta segunda fase, o concello xa é consciente da necesidade de dotar ó municipio de máis chan industrial, cuestión que se contemplará á hora de revisa-lo PXOM para habilitar máis solo para a implantación das empresas.

    Redacción Barbanza