O CAD da Pobra convértese nun circo para celebrar o entroido

A POBRA> A pesar de que a situación sanitaria impediu celebrar unha gran festa, os usuarios do Centro de Atención á Discapacidade da Pobra non perderon a ocasión de festexar o entroido. Adornaron as instalacións do centro con decoración inspirada na temática circense elaborada por eles mesmos.

A pesar de que traballaron a reo, o resultado pagou a pena e así de contentos e orgullosos presentaron as súas creacións que aportan o toque de diversión a este entroido atípico condicionado pola evolución da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí