Feijóo eloxia a riqueza da colección de gravados de Artes

    entregapremiosatlante100.jpgRIBEIRA> O presidente da Xunta de Galicia presidiu  a entrega dos premios Atlante outorgados pola Fundación do Museo de Artes de Gravado.

    {flowplayer}barbanza/entregapremiosatlante.flv{/flowplayer}

    A terceira convocatoria dos premios Atlante non puido ter unha mellor acollida. A calidade dos traballos presentados converte a esta cita nun referente artístico a nivel internacional. Os premiados recolleron este xoves os seus galardóns nun acto que contou coa asistencia do presidente da Xunta quen destacou a importancia da colección que alberga este museo.

    O alcalde e presidente da fundación do museo do gravado de Artes, Manuel Ruíz, amosou o seu orgullo ante o feito de que un concello como Ribeira conte cun centro internacional de referencia con obras de artistas tan recoñecidos como Dalí, Goya, Ruben ou Rembrandt.

    A creación e mantemento deste museo foi posible grazas ó empeño do seu impulsor, Javier Expósito, actual vicepresidente e presidente de honra da Fundación.

    O obxectivo da fundación é dar continuidade ós premios Atlante en vindeiras edicións para promocionar novos artistas e contribuír a enriquecer o aptrimonio cultural da comarca.

    Redacción Barbanza