![]()
PONTEVEDRA> A consellería do Medio Rural repartiu hoxe máis de 2.000 árbores para conmemorar o Día Mundial Forestal.
{flowplayer}images/salnes/250309_dia_arbore_xunta.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> O novo edificio institucional da Xunta fixo, hoxe, de viveiro. Traballadores da consellería do Medio Rural repartiron máis de 2.000 exemplares de especies arbóreas autóctonas aos cidadáns que se achegaron polas dependencias do edificio institucional, para conmemorar o Día Mundial Forestal, que se celebrou o pasado sábado, 21 de marzo.
O obxectivo desta iniciativa é concienciar á poboación sobre os beneficios de plantar especies autóctonas que permiten recuperar a bio diversidade nos montes galegos, agora invadidos por eucaliptos. Alumnos de catro centros escolares de educación primaria achegáronse ata a exposición itinerante onde recibiron material didáctico e mesmo unha árbore para plantar nos seus fogares. A iniciativa cerrouse cunha xornada técnica sobre a multifuncionalidade do monte e a restauración de espazos forestais degradados.
Redacción Salnés








