O Barbanza acollerá unha feira comarcal de productos

    BARBANZA > Arousa Norte celebrou un pleno no que acordou a cesión de terreos por parte dos concellos para a organización dunha feira comarcal. Ademais procedeuse á presentación das accións incluidas na Axenda 21.

    plenoarousanorte_200_171006.jpgOs catro alcaldes que integran a Mancomunidade e maila súa xerente, Fátima Rodríguez, escoitaron a proposta de Eugenia Fernández, responsable da empresa de organización de eventos ‘Dinámica’ relativa á celebración dunha feira comarcal. Os rexedores acolleron moi positivamente esta iniciativa e comprometeron a súa colaboración na cesión de espazos municipais para acoller este evento. Polo momento, aínda non se concretou a ubicación; os alcaldes deberán presentar á Mancomunidade a disponibilidade de terreos en cada municipio e entón, decidirase o emprazamento máis axeitado.

    Tamén interviu no pleno Calixto Varela, responsable da elaboración da Axenda 21, quen realizu unha presentación das accións incluidas no documento que serán postas en marcha pola Mancomunidade.

    Durante o pleno, tamén se deu conta da xuntanza mantida hai uns días co director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Rubén Lois, á que asistiron o actual presidente da entidade, Isaac Maceiras, e a súa xerente. Nesta reunión, o responsable autonómico ratificou o seu compromiso de seguir adiante coa creación do consorcio de turismo. Os seguintes pasos a dar para a materialización do proxecto son a redacción dos estatutos e os establecementos dos orzamentos que suporán unha inversión próxima ós dous millóns de euros nos tres anos de duración do consorcio.

    Os representantes da Mancomunidade tamén anunciaron a presenza da entidade na feira Turisport que se desenvelvorá na recinto feiral de Silleda esta fin de semana.

    Redacción Barbanza