Caixanova leva ó teatro a 2.000 escolares da provincia

bolboreta100_250309.jpgPONTEVEDRA> 2.000 escolares da provincia asistiron á obra ‘Bolboreta’ de Trompicallo Teatro, grazas a un convenio con Caixanova.

{flowplayer}images/salnes/250309_teatro_bolboreta.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA> 2.000 escolares da provincia asistiron á obra ‘Bolboreta’ de Trompicallo Teatro, grazas a un convenio con Caixanova.

‘Bolboreta’ conta a historia dun rei que vende á súa propia filla para salvar a súa vida. A bondade da rapaza salva ao seu pai e demostra o poder da xenerosidade e a bondade. A obra estaba vai dirixida a alumnos do primeiro ciclo de educación primaria de 31 centros escolares de toda a provincia. Un público que entendeu perfectamente o significado desta obra de títeres.

Os integrantes desta compañía aseguran que o teatro estase a popularizar como método de educación en valores, aos máis pequenos. A obra Bolboreta despedirase mañá da cidade pontevedresa despois de tres días no auditorio do centro social Caixanova, en Pontevedra.

Redacción Salnés