O V Foro de Rianxo abordará a rehabilitación da paisaxe e a restauración

RIANXO> Rianxo acollerá o quinto Foro da Rehabilitación a principios de maio. Este evento, xa consolidado como unha referencia en toda Galicia, contará este ano coa participación de Luis Machuca, premio ‘Europa Nostra’. Nesta quinta edición, o foro prestará especial interese a dúas temáticas. Unha será a rehabilitación da paisaxe para a que contarán co máximo exponente deste eido na actualidade a nivel nacional. Por outra banda, abordaranse contidos relacionados coa restauración a través de interesantes proxectos como os esgrafiados das fachadas da Ribeira Sacra ou as novas pezas do Mestre Mateo achadas na catedral de Santiago. O foro desenvolverase entre o 4 e o 6 de maio no auditorio de Rianxo. Ademais das sesión teóricas desenvoverase un obradoiro en vivo o domingo pola mañá na praza Castelao e repetirase o xa tradicional paseo crítico polo casco antigo. A este respecto, o alcalde anunciou que o concello traballa xa para ampliar a área de rehabilitación integral ó rural.