O Motoclub SQeM celebrará en Vilagarcía o primeiro campionato Enduro dentro da liga galega

VILAGARCÍA> Preto de 150 pilotos de España e Portugal participarán no primeiro campionato Enduro de Vilagarcía. A vila acollerá así unha das probas de motos de campo máis importantes da comunidade, na que se disputa a última xornada do campionato galego. Dividirase en 13 categorías, na Enduro 1, o favorito é o vilagarcián Carlos Devesa.

O Motoclub SQM de Vilagarcía continúa poñendo o nome da súa vila no epicentro do mundo do motor en Galicia. O equipo organizará xunto co Motoclub a Peroxa e a colaobración do concello, o primeiro campionato Enduro de Vilagarcía.

Debido á previsión de choiva, espera que o circuíto sexa complicado o que o fará máis vistoso.

A proba dividirase en 13 categorías. Os e as pilotos terán idades entre a adolescencia e os 77 anos. A de Vilagarcía será a última proba do campionato galego, e entre os favoritos destaca na categoría Enduro 1 o vilagarcián Carlos Devesa.

Dende a federación galega mostraron a súa satisfacción porque Vilagarcía se sumase ao calendario galego. A cita servirá tamén para atraer a numerosas persoas á vila.

A proba terá lugar o domingo 27 a partir das 11 e media da mañá e rematará ás 5 e media. Unha vez rematado celebrarase a entrega de premios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí