Os veciños de Fonsín negocian co Concello e SEA a mellora dos accesos

    vecinos_fonsin100.jpgVILANOVA> Unha trintena de veciños de Fonsín reuniuse esta mañá no Concello co alcalde e con representantes da empresa SEA, …

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_FONSIN.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Unha trintena de veciños de Fonsín reuniuse esta mañá no Concello de Vilanova co alcalde e con representantes da empresa SEA, encargada das obras do polígono de Baión. Na xuntanza falouse dos problemas ocasionados por estes traballos, entre eles os accesos á aldea. Os veciños afirman que coas novas vías de entrada ó parque empresarial déixanlle opcións moi perigosas para entrar e saír da aldea en coche.

    Na reunión desta mañá, os veciños presentaron unha proposta ó Concello e á empresa SEA. Da xuntanza saíu, polo de pronto, unha solución provisional que conseguiu calmar un pouco os ánimos dos veciños de Fonsín. Para o fin de semana, Concello e SEA comprometéronse a habilitar un dos accesos ó polígono para facilitar a saída desde a aldea cara a estrada Pontevedra – Vilagarcía. Isto, apuntou o alcalde, manterase así mentres non se constitúa a nova Xunta e poidan reunirse cos novos responsables de Política Territorial para solucionar definitivamente as comunicacións de Fonsín.

    Os veciños de Fonsín teñen outra fronte aberta. Tanto as obras do polígono como as da nova circunvalación de Godos están a ter problemas coas traídas e mananciais de auga. No caso das obras de SEA, na reunión díxoselles que están á espera dun permiso de Augas de Galicia para continuar cunha canalización ata o regato de Fonsín.

    Redacción Salnés