![]()
VILAGARCIA> Esta mañá celebrouse en Vilagarcía unha comisión de cultura do Eixo Atlántico. Nela representantes dos 34 concellos galegos e…
{flowplayer}images/salnes/270309_eixo_atlantico.flv{/flowplayer}
… portugueses integrantes falaron do que van a ser os actos incluídos no programa da Capitalidade Cultural do Concello portugués de Vilanova de Gaia. Esta localidade albergará deste o 4 de xuño e ata o 30 de agosto un total de 200 proxectos culturais, nos que se plasmará a similitude e as características diferencias de tódolos concellos que integran este eixo.
Entre os actos previstos destacan concertos de todo tipo de música e a expocidades, unha representación da oferta cultural, turística e gastronómica de cada un dos concellos participantes, e que se celebrará entre o 4 e o 14 de xuño.
Na xuntanza desta mañá, os participantes acordaron tamén crear unha bienal de fotografía, que se unirá a xa existente de pintura.
Esta organización tamén ten previsto por en marcha un pasaporte cultural, que ofrecerá importantes vantaxes e descontos os interesados en asistir a este tipo de eventos.
Redacción Salnés





