Vázquez anuncia un estudo que analiza a incidencia do climático

    siradella_100_020207.jpgO GROVE > Os conselleiros de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e Pesca, Carmen Gallego, e o secretario xeral do Territorio e a…

    Biodiversidade, Antonio Serrano, participaron esta mañá na reunión da comisión mixta entre o Ministerio de Medio Ambiente e Xunta de Galicia. A xuntanza tivo lugar na Illa da Toxa no Grove onde abordaron o problema do cambio climático.

    Uns 15 representantes da Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente reuníronse esta mañá no Grovesiradella_200_020207.jpg para analizaren diversas cuestións relacionadas coa xestión medio ambiental na comunidade autónoma e no conxunto do Estado estes días nos que se debaten especialmente cuestións relacionadas co cambio climático. Neste sentido o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou que o seu departamento traballa con 50 científicos que analizan os seus efectos sobre o clima galego xa que os últimos estudos revelan que a Galicia do Sur tende a unha climatoloxía semellante á da Ribeira do Douro.

     Ademais dos representantes dos departamentos autonómicos de Medio Ambiente e Pesca estvio o secretario xeral para o Territorio e a biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente. Aproveitando o celebración do Día Mundial dos Humedais desprazáronse a visitar a Siradella e mailo centro de Interprestación da natureza. 

    Redacción Salnés