Os traballadores de Vimenca trasladan as protestas ós domicilio dos socios da empresa

    SANXENXO > Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña. Isto pensaron os traballadores da empresa Vimenca, que levan 4 meses esperando que os seus xefes aparezan pola fábrica…

    … Como iso non sucedeu, decidiron armarse con pancartas e plantarse diante do domicilio dos socios da empresa.

    vimenca300_051007.jpgUn grupo de traballadores da empresa de prefabricados Vimenca, de Vilagarcía, concentráronse este mediodía ante a casa dunha das socias da firma, María Paz Capdevila. Os empregados, apoiados polo sindicato CIG, armáronse con pancartas, silbatos e megáfonos, chamando a atención de moitos veciños sobre a súa situación laboral.

    ‘Os obreiros na empresa, e ela de marquesa’, esta foi algunha das consignas coreadas por estes traballadores e que deixa ben clara a súa situación. Levan catro meses nunha fábrica parada, sen cobrar nómina nin pagas extra, e cuns xefes desaparecidos que non lles dan ningún tipo de explicación. Nesta situación están 8 traballadores, isto na realidade, xa que segundo nos explicaron, en nómina aparecen 9, en referencia á filla de María Paz Capdevila.

    A semana pasada xa lle fixeron o mesmo ante o domicilio doutro socio da empresa, Víctor Méndez, e pensan seguir protestando ata que lles dean unha resposta.

    Redacción Salnés