As Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo xa teñen nome e apelidos

    albaricopy.jpgCAMBADOS> Serán proclamados no acto que se celebrará o domingo día sete. Ademais, nomearán os xovenes albariñenses e os de Honra.

    {flowplayer}images/salnes/CABALEIROS_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a xornalista Cristina Ónega serán proclamadas Damas da Festa do Albariño de Cambados. Así o anunciou esta mañá o alcalde da localidade, Luis Aragunde. O xornalista Bieito Rubido, ademais do pregoeiro da festa, será nomeado Cabaleiro do Albariño xunto a outros tres persoeiros.

    Dúas damas e catro cabaleiros. Todos eles serán proclamados no Capítulo Serenísimo desta 59 edición da festa do Albariño de Cambados que se celebrará o domingo sete de agosto.

    Ademais, no acto tamén se nomeará ós xovenes albariñenses e ós de Honra. Neste caso, os galardóns recaerán sobre a asociación de Sumilleres de Galicia, a asociación Gallaecia e a confraría dos gastrónomos do Algarve. No caso das follas de prata cabe destacar a Nava Castro, directora xeral de comercio e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole.

    Ademais, este ano coma novidade, o Consello Regulador da DO Rías Baixas vai por en marcha, e por primeira vez, o Túnel do Viño que se celebrará no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. Por quince euros, todos os que se acheguen ata alí poderán probar 106 marcas de viño.

    Pero coma de costume, o Paseo da Calzada converterase no epicentro da festa. 43 adegas ocuparán as 42 casetas instaladas que estarán durante o tempo que dure a festa, desde o 3 ata o 7 de agosto.

    No marco desta festa, tamén se desenvolverán unha xornadas técnicas e unha cata concurso na que participarán 61 adegas cuxos caldos serán valorados por 24 catadores.

    Redacción Salnés