Vilagarcía aumenta en 50 as prazas para a ludoteca estival

    ludoteca_100.jpgVILAGARCIA> A Concelleira de Xuventude e solidariedade, Ana Lorenzo, presentou esta mañá o programa das ludotecas de verán,…

     {flowplayer}images/salnes/270309_ludotecas_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … un proxecto que pretende conciliar a vida familiar e laboral en verán, ó tempo que se cubre o tempo de lecer da infancia.

    Este programa está dirixido a nenos e nenas empadroados neste concello e con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Estas actividades comezarán o vindeiro 23 de xuño ata o día 7 de agosto, e impartiranse en horario de 9 da mañá a dúas da tarde. Nesta edición á novidade reside no número de prazas, que se incrementa en 50 unidades.

    O prazo de solicitudes ábrese o vindeiro luns día 30 de marzo e remata o 15 de abril. No caso de haber máis solicitudes que prazas, o Concello valorará a situación sociolaboral e económica das familias solicitantes para elaborar a listaxe provisional de alumnos que se dará a coñecer o 18 de maio.

    A cota por asistente será de 60 euros por toda a tempada estival, unha cantidade que podería verse reducida dependendo da renda percapita da familia a que pertencen e de se asisten varios irmáns.

    Redacción Salnés