VILANOVA > O concello de Vilanova vén de recibir o informe positivo de impacto ambiental para o proxecto de construcción dunha pasarela peonil para conectar o casco urbán coa zona do Terrón. O proxecto foi remitido no seu día á Consellería de Medio Ambiente e ten solicitada ademais unha subvención con cargo ós fondos Proder da Unión Europea.
O goberno local de Vilanova amósase confiado en recibir a subvención europea para construír esta pasarela e de feito do pasado exercicio ten reservados 250 mil euros do Proder xa consignados. Agora buscarán máis financiamento doutras administracións e en caso de non ter apoio o concello está disposto a acometer a obra con fondos propios. O alcalde considera fundamental desenvolver o Terrón como zona de ocio do casco urbano vilanovés.
Durán tamén falou do PXOM. Segundo explicou xa vai máis dun mes desde que remitiron o planeamento á Xunta e esta non requiriu documentación complementaria algunha nin corrección de erros administrativos. O rexedor vilanovés entende logo que a documentación remitida está correcta e espera que antes de maio se reciba un informe da Xunta. Durán insistiu en ofrecer diálogo para tratar de aprobar o PXOM.
Redacción Salnés