ACUI 2008 atrásase ó mes de xuño por desavinza na organización

    acui_andresgradin100_190407.jpgVILAGARCÍA > Finalmente si se celebrará ACUI 2008 en Vilagarcía. Pero será a principios de xuño e coa empresa Global Show Services …

    … como única organizadora.

    acui_andresgradinramondios200_190407.jpgA feira internacional de acuicultura celebrarase finalmente a principios de xuño de 2008, en Fexdega. A empresa Global Show Services vén de facerse cargo en solitario da organización deste salón, logo de romperse o acordo que tiña asinado co Consello Regulador do Mexillón de Galicia e con Aroga. Segundo este convenio, a labor de preparación de ACUI 2008 recaía en Ramón Dios como presidente do comité organizador, pero despois de oito meses desde a última edición a empresa afirma que non hai xestión algunha feita. Andrés Gradín, director de ACUI asegura que retomaron as rendas da feira porque había risco de perdela.

    ACUI será do 3 ó 5 de xuño de 2008, porque este atraso nas xestións impedía, segundo a empresa, ter unha feira de calidade nas datas previstas para finais de febreiro. Gradín informou que mantivo contactos coa Consellería de Pesca, e con diversas organizacións do sector acuícola para participar na vindeira edición, na que espera aumentar nun 25 por cento os índices acadados en 2006.

    Redacción Salnés