A Crazy Big Band preséntase o xoves na Xuventude

crazy_big_band100_300309.jpgCAMBADOS> Crazy Big Band. Así se chama o novo proxecto musical que se presenta este xoves en Cambados …

… A edil de Cultura, Anabel Carro, xunto co músico Xosé María Pazos presentaron hoxe a banda, que se chama así en lembranza da histórica orquestra cambadesa Krazzy Kray, unha homenaxe a homes como Benito Silva ou Manso que fixeron historia da música do Salnés no século vinte.

A Crazy Big Band está integrada por vinte músicos que proceden de distintas bandas e grupos musicais, entre elas a Banda de Castrelo ou as orquestras Os Satélites ou París de Noia. Todos son apaixonados do swing e pretenden tocar os grandes temas americanos dos 50 ou dos 60 sen esquecerse de introducir algún tema en galego que se poida adaptar.

Este grupo de músicos, que leva ano e medio de ensamblaxe, consta de 14 metais: 4 trompetas, 4 trombóns e 6 saxofóns, ademais de un trío de ritmo e dous vocalistas. O concerto de estrea será este xoves no auditorio da Xuventude, ás nove e media da noite.

Redacción Salnés