A salvación do Extrugasa depende xa dunha milagre

baloncesto250_300309.jpgVILAGARCÍA>Extrugasa complicouse case de xeito definitivo a súa salvación logo de caer na cancha do San José por 90-59. Sí que gañou o Inelga que respira un pouco tras superar ó Zamora.

Ponse moi cara a salvación do Extrugasa despois do severo correctivo sufrido este sábado en León. As de Tito Díaz acudían á cita soñando con dar a sorpresa, en facer un partido como o de Rivas ou o de Soller, pero non houbo opcións.

Despois dun comezo esperanzador, chegaron a estar 10-12 arriba, o San José púxose serio en defensa, o Extrugasa comezou a perder balóns e encaixaron un parcial de 18-0 que finiquitou practicamente o encontro. Así de dura foi a realidade para un Extrugasa que chegou 21 abaixo ó descanso e acabou perdendo por 31 puntos de diferencia.

Iziane Castro foi a única que mantivo o nivel en ataque con 23 puntos aínda que con 10/24 en tiros de campo.

Esta derrota as coloca ó borde do abismo e obrigadas a gañar o mércores día 8 ó Perfumerías Avenida. As salmantinas poderían chegar cansas ó choque xa que esta fin de semana disputan a Final Four da Euroliga, que se celebra precisamente en Salamanca. De non gañar este, o Extrugasa debería buscar un imposible na última xornada: gañar na pista do Ros Casares e agardar unha carambola no resto de resultados.

 O Inelga pola súa parte sí que deu un importante paso cara a salvación logo de gañar por 80-66 ó Zamora, terceira victoria consecutiva na casa. Os de Juan Espiñeira mandaron no marcador prácticamente durante todo o encontro pero non sería ata o último cuarto cando decidirían o partido ó seu favor. Ahí un parcial de 17-1 en apenas cinco minutos, poñía 24 arriba ós vilagarciáns que de ata o remate limitáronse a defender a súa renta.

Redacción Salnés