Deixar anuncios nos parabrisas sairá moi caro no Grove

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/publi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/enquisa_publi_grove.mp4{/flowplayer}

O GROVE> Poñer folletos nos parabrisas dos coches que están estacionados á beira da praia da Lanzada pode saír caro e moito. Ó ser este un espazo natural protexido o reparto destes papeis publicitarios enlixa o entorno, o que está penado con importantes multas. O Concello do Grove ven de recordar a prohibición que existe neste municipio de deixar publicidade nos parabrisas dos coches. A restricción non só afecta ó casco urbán senón que se fai especialmente incisiva en zonas de praia como é o istmo da Lanzada, zona de especial protección natural. Esta pasada fin de semana o número de anuncios que se deixaron nos vehículos foi tal que o Concello tivo que intervir para evitar que se a zona quede ciscada de papeletas de cores, máis aló do asfalto do propio aparcadoiro. E é que o xesto de deixar calquera folleto de anuncio nun parabrisas pode saír moi caro á empresa anunciadora… O público que concorre a este areal tampouco parece moi conforme con esta forma arcaica de publicidade; amais confesan que a penas reparan nestes papeis.

Comments are closed.