![]()
CAMBADOS> A edil de Cultura e a directora da rede museística inauguraron a exposición Entre Miradas, sobre Ramón Cabanillas.
{flowplayer}images/salnes/EXPO_ARTISTAS_CABANILLAS.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> A edil de Cultura, Anabel Carro, e a directora da rede museística, Rocío Acha, inauguraron esta mañá a exposición Entre Miradas, integrada por obras de 27 artistas da comarca do Salnés en homenaxe ó poeta Ramón Cabanillas.
Esta é unha das principais actividades que se realiza con motivo do Ano Cabanillas 2009. Pintores, escultores e fotógrafos, artistas de distintas disciplinas pero cunha vinculación sentimental ó bardo de Fefiñáns, únense nesta mostra para expresar dende as artes plásticas a súa peculiar interpretación da vida e da obra dun artista das letras. A mostra pódese visitar desde hoxe e ata o vindeiro 1 de xuño no Museo Etnográfico e do Viño de Cambados.
Redacción Salnés










